“A Xunta sempre quixo que Ence seguise na Ría. E a nova lei de Costas dalle a desculpa perfecta”

Factoría de ENCE na Ría de Pontevedra

Antón Masa, da APDR (Asociación pola Defensa da Ría), non se sorprende de que Núñez Feijóo abra a porta á permanencia da pasteira en Pontevedra coa desculpa da nova lei de Costas. “É o que quixeron sempre”.

 

 

O presidente do Goberno autonómico deiita unha raiola para que Ence fique na Ría de Pontevedra após expiar o período da súa concesión (2018). Núñez Feijóo argumenta que a nova Lei de Costas muda o panorama. "Imos ver que oferta Ence. Que melloras económicas propón", asegurou nesta sexta feira após o Concello dfa Xunta.

As afirmacións do mandatario autonómico non collen por sorpresa aos colectivos cidadáns que defenden o traslado da pasteira. Así, Antón Masa, da Asociación pola Defensa da Ría (APDR), sinala a declaracións a Sermos Galiza que “queren que Ence siga na Ría, como quixeron sempre”. A Lei de Cotas viría,aponta, a dar a oportunidade de permitir iso lavando a cara da Xunta”.

Para Masa, o actual goberno autonómico xa ten sinalado “coa boca pequena” a súa preferencia con que esta empresa seguirse na súa actual ubicación, “mais sabía do custo electoral e popular que iso representa”.

Para a APDR, a Xunta ten que “cumprir a súa palabra” e evitar que Ence siga na Ría de Pontevedra alén do 2018