''A mocidade como potencia revolucionaria fai parte da clase traballadora''

Imaxe: #pecheourense
Cinco centrais sindicais --CIG, CUT, CNT, CGT e UGT-- déronse cita nesta semana para facer parte dun coloquio ao redor do potencial revolucionario da xente nova, organizado pola asemblea de estudantes #pecheourense

Cinco centrais sindicais --CUT, CIG, CNT, CGT e UGT-- déronse cita nesta semana para facer parte dun coloquio ao redor do potencial revolucionario da mocidade organizado pola asemblea de estudantes #pecheourense na facultade de Ciencias da Educación e Historia da cidade das Burgas. As súas intervencións íntegras, neste video.


Nesta semana celebrouse unha nova mobilización en contra da "represión policial" exercida durante o desaloxo de madrugada da biblioteca municipal, onde un bo número de estudantes protestaba contra os recortes no ensino público. Desde aquela, un peche indefinido na Universidade mantén viva a chama da protesta. "O sistema que nos desaloxou con violencia é o mesmo que ten hoxe a todo o estudantado competindo entre si, fomentando a insolidariedade como dogma, e a exclusión das clases populares coa elitización económica do ensino", aseguraron desde #pecheourense, unha iniciativa da que fan parte as organizacións Xuventude Comunista, Adiante, Ami, Liga Comunista, Galiza Nova, 15-M Asemblea Ourense, Estudantes sen Futuro e Liga Estudantil.