Baixo o lema 'Parlem, Falemos'

​Concentracións en varias cidades galegas para pedir diálogo en Catalunya

(Imaxe: En Marea)

​A iniciativa xuntou centos de persoas vestidas con roupa branca nunha convocatoria sen bandeiras. Nun manifesto, reclamaron que no se utilicen as leis "para xerar un conflito civil".

Concentracións nas principais cidades galegas baixo o lema 'Parlem, Falemos' este sábado para pedir unha solución dialogada en Catalunya. Unha iniciativa que convocou polas redes a manifestarse con roupa branca e sen bandeiras, reuniu centos entre Compostela, na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. 

Na Praza do Obradoiro, 200 persoas reclamaron que no se utilicen as leis "para xerar un conflito civil" e apuntaron que "España é mellor que os seus gobernantes" na lectura do manifesto, que recolleu a axencia Europa Press. A convocatoria concentrou miles en todo o Estado español, con accións en máis de 50 cidades.

 

 

Críticas do PP 

Unha faixa co lema da convocatoria na fachada do Concello de Santiago provocou as críticas do portavoz municipal dos populares, Agustín Hernández, que pediu na súa conta de Twitter a retirada da tea. Compostela Aberta contestou que “a pancarta está avalada por unha moción aprobada no pleno”.