APÓS O 24M

Os concellos que veñen

Un momento da xornada eleitoral

Despois do 24, analizamos as propostas de goberno de 4 concellos do país: Compostela, Muras, Vilar de Santos e Ribeira de Piquín.

 

Pasada a resaca dos resultados electorais achegámonos a algúns concellos do país para nos debruzar nas políticas municipais que porán en andamento a partir da constitución oficial das novas corporacións o 13 de xuño. Á espera de se formalizaren acordos e remataren as negociacións entre as formacións que obtiveron representación municipal, avanzamos algunhas das propostas que poderían pasar do programa electoral aos salóns de plenos. 

Gobernos que veñen e outros que permanecen a respeito da anterior lexislatura. Municipios rurais e outros urbanos, con millóns de euros de orzamento ou uns poucos centos de miles. Con poboacións avellentadas e dispersas ou con parroquias rurais que viven separados por unha fenda, da urbe á que pertencen. Alcaldías mozas (ou non tanto) que defenden proxectos anovados fronte á queda de gobernos --os máis do Partido Popular-- que se mantiñan desde había décadas. 

Da man de Manuel Requeixo (BNG), Martiño Noriega (Compostela aberta), Roberto Fernández Rico (PSOE) e Xan Jardón (Compromiso por Galicia) --con quen conversamos-- compomos unha fotografía municipal.

A íntegra desta reportaxe tela no número 148 do semanario en papel. Á venda nos puntos habituais e na nosa loxa.