Os Fillos do Sol. A modernidade no Vigo dos anos 30

Os cinco amigos fundadores dos Fillos do Sol posando diante da palafita en cuxa porta se distingue unha inscrición co nome do grupo. De esquerda á dereita no primeiro andar: Natalio Abad, Víctor Monde e Antonio Villaverde; e no andar superior, tamén de esquerda á dereita: Emilio Peña e Pepe Villaverde.
Anos 30, Vigo. Entran as primeiras raiolas de sol por unha das xanelas da palafita. Natalio Abad comeza en breve o seu horario laboral. Garda o traxe e a gravata nunha bolsa e monta na piragua coa que se desprazará até a fábrica de conservas na que traballa. Con el, catro amigos máis realizan as súas rutinas, que confluirán inevitabelmente na praia, na que se bañarán espidos ou vestirán saias de palla mentres bailan sobre a area. Os membros do grupo, coñecidos como Os Fillos do Sol, gozan dunha liberdade sen prexuízos nin barreiras que os poidan constrinxir.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.