Entende que se presentara como coalición en 2016

A Xunta Electoral requírelle a En Marea avais para se presentar por Ourense

Luís Villares

A Xunta Electoral de Lugo emprazou a En Marea a entregar os ao redor de 360 avais que necesita para poder presentarse ás eleccións xerais do 28 de abril, ao entender que foi unha coalición á que concorreu aos comicios de 2016.

En Marea necesita presentar os ao redor de 360 avais para poder concorrer ás eleccións xerais do próximo 28 de abril por Ourense. Así llo fixo saber a Xunta Electoral á forza política liderada capitaneada por Luís Villares.

 

O organismo que vela pola transparencia e pola obxectividade do proceso electoral considera que En Marea non se presentou ás eleccións de 2016 como tal, senón que concorreu baixo unha coalición de Podemos, En Marea, Esquerda Unida e Anova, de aí que se lle solicite o 0,1% do censo da circunscrición.

 

Fontes do partido, confírmanlle a Sermos Galiza que xa dispoñen dos avais para os presentar perante a Xunta Electoral de Ourense e que o farán nas próximas horas. “É unha cuestión de interpretación da propia xunta e, diante desa posibilidade, xa reuniramos os avais para toda Galiza”, explican as fontes.

 

Listaxes incompletas

 

Segundo a información recollida polo BOE, son tres as listaxes incompletas ao Congreso, a de Por un mundo más justo na Coruña, Pontevedra e Lugo e son 16 as que ficaron sen completar para o Senado, entre elas a de Compromiso por Galicia pola circunscrición da Coruña e pola de Lugo.