Voces do PP, entre elas a de Feijóo, a prol de aplicar o 155 pese á marcha atrás de Puigdemont
26 de outubro de 2017 (16:16 h.)
Aínda non se ten pronunciado Rajoy, mais si destacados dirixentes como García Albiol e Javier Arenas. Os trámites para continuar a aplicación do artigo 155 -a realización do pleno do Senado esta tarde- continúan adiante.
Feijóo tamén se sumou ao coro de voces partidarias de aplicar o 155 pese á surprendente marcha atrás de Puigdemont.
Fíxoo na conferencia de imprensa após o consello da Xunta e nestes termos:
O PSOE, por súa parte, avanzou através da súa portavoz no Congreso, Margarita Robles, que o avanzo eleitoral si que deixa sen sentido a activación do artigo 155 porque significaría a restitución da legalidade.