A valedora renderá contas no Parlamento por enchufar a irmá do portavoz do PP

A Valedora do Pobo, Milagros Otero. Foto: cedida.

A Valedora do Pobo terá que render contas no Parlamento galego despois de que o Tribunal Superior anulase o nomeamento de María Puy Fraga, irmá do portavoz parlamentario do PP Pedro Puy, nun proceso interno de persoal da institución.
 

As comparecencias de Milagros Otero na Cámara comezarán esta quinta feira na Comisión de Peticións. Este órgano parlamentario debaterá, como xa estaba programado, sobre o informe de accesibilidade confeccionado pola Valedora. Despois, os grupos con representación parlamentaria discutirá sobre o seu cesamento. Todos deberán posicionarse.

 

O vindeiro pleno ordinario do Parlamento, os días 10 e 11 de xullo, tamén tratará da situación de Otero. A oposición ao Partido Popular xa manifestou que agarda a dimisión da Valedora do Pobo e de que o PP non sexa cómplice da sía continuidade.