As novas bonificacións da AP-9 tramitaranse de urxencia

A autoestrada AP-9 ao seu paso pola ponte de Rande, sobre a ría de Vigo. (Foto Nandi Estévez).
O deputado do BNG no Congreso demandou ao ministro iniciar os trámites para o rescate da AP-9, sendo a solución "máis xusta e beneficiosa para o interese público, e axilizar a transferencia da Autoestrada que se está a tramitar no Congreso".

O BNG informou esta cuarta feira de que logrou un acordo co Goberno estatal para iniciar os trámites que permitan a aprobación das novas bonificacións a usuarios recorrentes e superrecorrentes da Autoestrada do Atlántico.

O deputado nacionalista, Néstor Rego, interpelou o Ministro de Transportes, Óscar Puente, apelándoo a rematar coa "grave discriminación" que sofre á Galiza a respecto das peaxes da Autoestrada do Atlántico.

O deputado do BNG demandou ao ministro iniciar os trámites para o rescate da AP-9, sendo a solución "máis xusta e beneficiosa para o interese público, e axilizar a transferencia da Autoestrada que se está a tramitar no Congreso".

O BNG salienta que Puente aproveitou a interpelación para, "en consonancia co acordado co BNG e co obxectivo de cumprir o acordo de investidura", anunciar que no vindeiro Consello de Ministros aprobarase a tramitación de urxencia para as novas bonificacións da AP-9

Pola súa parte, e a través dun comunicado, o PSdeG indicou esta cuarta feira que con estra tramitación "o camiño cara á gratuidade da autoestrada AP-9 dará un novo paso", e agradece que o Goberno español "deseñase os mecanismos necesarios para non ter que agardar uns novos orzamentos"  para habilitar estas bonificacións.