"Señor presidente: Parécelle normal vender NGB a prezo de saldo despois de meter 9.000 millóns de cartos públicos?”

Francisco Jorquera

O BNG acusou a Feijóo de “socializar as perdas e privatizar os beneficios” coa entidade financeira galega.O portavoz parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, afirm ou que “Galiza necesita soberanía para que non decidan por nós os señores. Botín ou Fainé”.

O BNG preguntou en sé parlamentar a Núñez Feijóo por se ía adoptar medidas a respecto do futuro de Novagalicia Banco (NGB), que o Estado español xa anunciou que ía ser vendida. “Qué pensa facer o presidente da Xunta, se entende o seu cometido ou simplemente agarda o que outros decidan?.

O portavoz parlamentar, Francisco Jorquera, inquiriu a Feijóo se “lle parece normal que despois de destinar 9.000 millóns de euros de recursos públicos para sanear a entidade sexa vendida a prezo de saldo?”.

“Qué pensa facer o presidente da Xunta, se entende o seu cometido ou simplemente agarda o que outros decidan?.

Neste sentido, o BNG responsabilizou a Feijóo de “socializar as perdas e privatizar os beneficios” e negou que a estas alturas exista unha garantía de galeguidade da entidade  cando pode ser mercada por un Banco español e un fundo de investimento estadounidense

Jorquera criticou que o Goberno español lle outorgue carácter sistémico a Bankia o que impedirá a súa venda e non utilice o mesmo argumento para a entidade galega a pesar de ser sistémica para Galiza,

O nacionalista rematou a súa intervención afirmando que “Galiza necesita Soberanía e capacidade para decidir por si mesma para que ningún decida por nós o destino do noso aforro e para que non decidan por nós os Sres. Botín ou Fainé”.