Schulz reelixido presidente da Eurocámara nun pacto "a porta pechada"

O socialdemócrata contou co apoio de socialistas e populares europe@s cuxo pacto foi criticado pol@s restantes candidat@s. 

 

O Parlamento europeo deu esta terza feira por constituída a VIII lexislatura coa elección da súa Presidencia. O pacto entre socialdemócratas, liberais e populares europe@s fixo recuncar en Martin Schulz a cadeira. 

O acordo vén a culminar o reparto de responsabilidades iniciado coa escolla de Jean-Claude Junker (do PPE) á cabeza da Comisión europea. Pola súa banda, as restantes candidaturas amosaron o seu rexeitamento a unha elección feita, dixeron, "a porta pechada" e baixo a batuta do goberno de Angela Merkel. 

O pacto fíxose visíbel nas redes sociais através da imaxe partillada polo europarlamentar do PP, Arias Cañete, que se fotografón co recén reeleito presidente. 

O discurso de Pablo Iglesias protagoniza a xornada

Mais a imaxe da xornada deuna o tamén candidato á presidencia do Parlamento Europeo, Pablo Iglesias. A súa intervención na Eurocámara saltou a todas as páxinas dos xornais dixitais que se fixeron eco das súas declaracións. Iglesias criticou a natureza "antidemocrática" da Unión Europea e lanzou un chamado a "frear a gran coalición que impón a austeridade e o totalitarismo financeiro". 

Para o líder de Podemos, a maneira de funcionar das institucións europeas, reflectida na escolla de Schulz, "furta a soberanía dos pobos, atenta contra a democracia e convirte aos representantes políticos en caste".