Sánchez deixa a Secretaría de Organización do PSOE en mans de Narbona, á fronte dun equipo de transición

Cristina Narbona, presidenta do PSOE, estará á fonte dunha Secretaría de Organización coral. (Foto: Diego Radamés / Europa Press)
Catro membros da Executiva do partido socialista asume a Secretaría de Organización de forma interina tras a dimisión de Santos Cerdán.

O secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez, deixou a Secretaría de Organización do partido en mans da presidenta, Cristina Narbona, a xerente do partido, Ana María Fuentes e os membros da Executiva, Montse Mínguez e Borja Cabezón.

Este grupo de dirixentes socialistas comandará a secretaría de Organización de forma interina até o próximo Comité Federal do 5 de xullo tras a dimisión de Santos Cerdán por sinalizacións de corrupción por parte da UCO da Garda Civil.

Pedro Sánchez, Xunto a Cristina Narbona preside a Executiva do PSOE este 16 de xuño (Foto Nós Diario)

Así o indicou o PSOE esta segunda feira, cando tamén anunciou a expulsión do ex ministro e antecesor de Cerdán en Organización, José Luis Ábalos, mentres leva a cabo a reunión da Executiva Federal presidida por Sánchez na sede da rúa Ferraz.

Mínguez é a secretaria de Traballo, Economía Social e Traballo Autónomo da Comisión Executiva Federal (CEF) e deputada na Cámara Baixa e Cabezón é secretario de Acción Democrática e Transparencia da Executiva.

Sánchez deixa fóra desta secretaría de Organización interina o actual secretario adxunto de Organización, Juanfran Serrano, que era a man dereita de Cerdán.

[EN AMPLIACIÓN]