O PSOE expulsa Ábalos do partido 15 meses despois de que lle abrisen expediente

O deputado José Luis Ábalos. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
A saída do ex ministro de Transportes terá lugar este 16 de xuño.

O PSOE expulsará do partido o ex ministro de Transportes e ex secretario de Organización socialista José Luis Ábalos, esta segunda feira, 16 de xuño, unha vez fechado o expediente sancionador aberto hai 15 meses coa recomendación da súa expulsión como militante.

Fuentes socialistas detallaron que a expulsión de Ábalos aprobarase na Comisión Executiva Federal que o PSOE celebra esta segunda en Ferraz tras a dimisión como 'número tres' do partido de Santos Cerdán, vinculado ao presunto amaño de contratos públicos para a cobranza de comisións ilegais e da que sae, tamén unha Secretaría de Organización interina até o Comité Federal do 5 de xullo.

"Fechouse o expediente sancionador de José Luis Ábalos por parte do instrutor, coa recomendación de expulsión do militante. Aprobarase na Comisión Executiva Federal de hoxe [16 de xuño]", detallan esas fontes.

O PSOE suspendeu preventivamente en febreiro de 2024 Ábalos como membro do partido por non entregar a acta de deputado e pasar ao Grupo Mixto pola súa "responsabilidade política" no 'caso Koldo' ao nomear a Koldo García como o seu asesor no Ministerio de Transportes.