Rueda rexeita unha condonación da débeda galega de 4.010 millóns de euros

Alfonso Rueda esta segunda feira após o Consello da Xunta da Galiza. (Foto: Xunta da Galiza).

O presidente da Xunta da Galiza oponse á proposta do Goberno do Estado que reduce a débeda galega en 32,9%

Alfonso Rueda sinalou esta segunda feira na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta da Galiza a súa negativa a aceptar a redución da débeda pública galega proposta pola Ministra de Facenda do Goberno do Estado, María Jesús Montero.

A alternativa formulada polo Executivo estatal implica reducir a débeda galega en 4.010 millóns de euros, o que significa unha rebaixa de 32,9% do total da débeda galega, situada no mes de setembro, último mes con datos, en 12.165 millóns de euros.

A débeda pública galega tense incrementado desde 2009, ano da chegada do Partido Popular ao Goberno galego, en 8.571 millóns de euros. Se á volta do primeiro trimestre desa anualidade sumaba 3.954 millóns e equivalía a 6,8% do produto interior bruto (PIB) da Galiza, a finais de setembro de 2024, último mes con cifras, chegaba a 12.165 millóns de euros, representando perto de 17,4% do PIB.

Rueda cargou contra a proposta que a ministra de Facenda levaraáao " o Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) da cuarta feira, asegurando que “non nos vale” a condonación de 4.010 millóns de euros da débeda galega.

O mandatario galego apuntou que "Galiza necesita un novo modelo de financiamento" ao estar "infrafinanciada" en "varios centos de millóns". Nesta dirección, asegurou que Galiza "non necesita a condonación".

"Se como parecer ser Consello de Política Fiscal e Financeira, o vai ser simplemente para falar de condonación, iso para nós non é o que queremos", explicou Rueda, que nos meses pasado, tamén, se opuxo a un novo modelo de financiamento.

O presidente da Xunta continuou asegurando que "se iso é o único que ten que ofrecer o Ministerio, que parece ser que si, a nós non nos vale, xa sen entrar en cifras, o que teremos que asumir a condonación doutras comunidades autónomas moito máis endebedadas".

Núñez Feixoo

As declaracións de Rueda chegaron despois de que Alberto Núñez Feixoo indicase que ·os presidente do Partido Popular van votar non. Van votar que non a desigualdade, a que se premie a mala xestión, aos privilexios e a compra da presidencia do Goberno” do Estado