Rivera dimite após o trompazo electoral de Ciudadanos
11 de novembro de 2019 (13:09 h.)
Rivera abandona o partido que fundou hai 13 anos despois de perder 47 escanos nos comicios do 10 de novembro.
As eleccións do 10 de novembro cóbranse a súa primeira víctima. O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, anunciou esta segunda feira a súa dimisión.
O político catalán deixa a presidencia do seu partido após a debacle electoral experimentado por Ciudadanos, que perdeu 47 escaños en 2,3 millóns de votantes no Estado español.
Ciudadanos e o seu futuro
Rivera trasladou esta decisión á Executiva na reunión convocada o propio domingo, tras coñecerse o resultado electoral. Está previsto que nos próximos días se estableza a data do congreso extraordinario da formación laranxa na que se abordará o futuro do partido fundado polo propio Rivera.