VíDEO-COLUMNA
Resposta de Carlos Callón a Miguel Anxo Fernán Vello
31 de maio de 2016 (12:46 h.)
Na súa vídeo-columna desta semana, Carlos Callón dá resposta a Miguel Anxo Fernán Vello, deputado de En Marea durante a breve lexislatura que se abriu o 20D e que se fechou ao non se chegar a acordos para a investidura.
Callón, na súa vídeo-columna anterior, criticou a representación galega -PP, PSOE, En Marea- no Congreso durante a mini-lexislatura que acabamos de viver por apenas ter apresentado iniciativas durante cinco meses.
Estas críticas foron respondidas por Miguel Anxo Fernán Vello, quen acusou a Callón de ter proferido insultos contra esa representación galega.
Callón avalía, agora, neste vídeo a resposta de Fernán Vello.