[EN AMPLIACIÓN]
A receita do Goberno estatal na loita contra o coronavirus: recentralización total
14 de marzo de 2020 (22:35 h.)
A autoridade en todo o Estado será o Goberno e todos os corpos policiais dependerán de Marlaska
A declaración do estado de alarma en todo o Estado español supón que “a autoridade competente en todo o Estado será o Goberno de España”, vén de anunciar o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tras o Consello de Ministras e Ministros que aprobou este decreto.
En virtude desta decisión, os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e todos os corpos policiais autonómicos e locais quedarán baixo as ordes directas do ministro de Interior, Fernando Grande Marlaska.