O PSdeG apoia as alegacións das organizacións agrarias ao decreto dos xurros
22 de outubro de 2020 (23:11 h.)
Nun informe, os socialistas piden ao Ministerio de Agrigultura que teña en conta a posición das explotacións gandeiras galegas a norma de fertilización da terra.
O PSdeG pediu ao Ministerio de Agricultura que teña en conta as alegacións das organizacións agrarias da Galiza ao borrador do decreto de fertilización da terra.
Fíxoo, segundo informou a través dun comunicado, cun informe un informe de apoio a esas alegacións para que se "atendan con sensibilidade".
No texto reflíctense "inexactitudes" nas medicións das emisións das explotacións de vacún. Ademais, avalíase a prohibición da aplicación de xurros por vía do prato ou abanico sen facer un tratamento diferenciado das zonas, os tipos e o tamaño das explotacións, coas "dificultades" que implican para as pequenas explotacións gandeiras e as complicacións na orografía galega.