Protesta dos 32 alcaldes do PP de Lugo ante a Deputación polo "estado de abandono" das estradas

Concentración ante a Deputación de Lugo (Foto: Europa Press)
Elena Candia destaca o "rexeitamento" a "unha mala xestión dun presidente da Deputación" provincial, ao quecualifica de "pésimo delegado de vías e obras"

Os 32 alcaldes do Partido Popular na provincia de Lugo concentráronse esta quinmta feira diante do Pazo Provincial de San Marcos, sede da Deputación lucense, para protestar "polo estado lamentábel e de abandono" das estradas provinciais.

Canda eles participou tamén a presidenta dos populares lucenses, Elena Candia; o portavoz adxunto no Senado, José Manuel Barreiro; e o parlamentario autonómico José Manuel Balseiro, entre outros cargos públicos.

Todos eles con máscaras e cascos azuis e vermellos, cores da Deputación de Lugo, participaron nesta concentración onde o rexedor de Friol, José Ángel Santos, exerceu como portavoz . Segundo manifestou, o presidente da Deputación e responsábel de vías e obras, José Tomé, é "coñecido" como "o presidente chafalleiro, sendo o máximo responsábel da situación actual das vías de comunicación en toda a provincia".

"Desde o Partido Popular demandamos un plan de mellora do firme das estradas, un plan coordinado e baseado en criterios obxectivos, técnicos e de necesidade, para cubrir e pór a disposición dos recursos que se contan no parque móbil da deputación e polo a disposición non só nos municipios onde goberna o mesma cor política (polo PSOE), senón a disposición de toda a provincia e de todos os concellos lucenses", reivindicou Santos.

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, á cabeza desta concentración, sinalou que esta protesta obedece á necesidade de "escenificar" o seu "rexeitamento" ao que entenden "que é unha mala xestión dun presidente da Deputación e desde logo un pésimo delegado de vías e obras".