O presidente de Sogama afirma demitir “por dignidade” após unha adxudicación ao bufete do que é socio
22 de xaneiro de 2015 (11:48 h.)
Luis Lamas asumiu a presidencia en 2009. Afirma que a adxudicación foi “un erro”.
Luis Lamas, presidente de Sogama desde 2009 até esta cuarta feira, afirma que demitiu “por dignidade persoal e política” deste cargo. Unha decisión que adoptou após se coñecer que fixo unha adxudicación que era incompatíbel co poso que ocupaba. Adxudicou a asesoría do Centro Tecnolóxico Alimentar de Lugo (Cetal) da que era tesoureiro ao despacho de avogados do que é socio. O bufete anunciou que ía renunciar a ese contrato outorgado.