O PP de Noia acusa o PSdeG e a Marea Cidadá de presentar facturas de bares e restaurantes como gastos dos grupos municipais
Os populares atacaron ao Goberno local após de descubrirse en outubro que empregaron 30.000 euros dos fondos do Concello e hostalaría.
O portavoz do PP de Noia e ex alcalde do municipio, Santiago Freire, acompañado do resto de edís da formación local, compareceu esta quinta feira ante os medios para contrarrestar a información remitida o pasado mes de outubro sobre o emprego de 30.000 euros dos fondos do grupo municipal popular en bares e restaurantes.
Durante a rolda de prensa, Freire presentou diversas facturas do PSdeG e de Marea Cidadá en consumición en locais de hostalaría, introduciron como gastos dos grupos municipais. O ex alcalde afirmou que "hai aproximadamente unha vintena unha vintena" de facturas correspondentes a "pinchos, canapés, cervexas, embutidos, menús", por cifras que "van desde os 90 aos 650 euros".
Freire quixo defender os feitos cometidos polo seu grupo político alegando que "todos os partidos con representación no Concello xustificaron gastos de hostalaría e outros servizos correspondentes aos grupos municipais".
O actual alcalde, o socialista Francisco Pérez, afirmou que, en contra do que dixo o PP, "só hai unha factura de gastos de hostalaría do PSdeG e outra de Marea Cidadá".
O servizo de Intervención, segundo fontes municipais, rexeitou moitos destes gastos como xustificábeis da asignación a grupos políticos, mais o Goberno municipal que encabezaba Santiago Freire (PP) levantou o reparo dos servizos técnicos do Concello. A interventora sinalou nos seus informes que a lexislación non especifica os gastos que se poden imputar, mais si deixa claro que non se pode confundir grupo municipal con partido político, consonte unha sentenza do Tribunal Supremo de 1990, polo que nesta asignación non poden entrar os coñecidos como gastos de representación ou as coñecidas como dietas. Ademais, segundo sinalan as bases de execución do orzamento, estes gastos deben ir destinados ao funcionamento do grupo municipal, o que se interpreta como o gasto corrente