Portugal e Catalunya con mapas de seu
Portugal e Catalunya son dous exemplos na Península Ibérica de territorios que apostan nun mapa administrativo-territorial de seu, baseado en criterios propios e acaídos a unha realidade histórica, social, económica e política. Nunha Galiza na que un dos seus alicerces -a comarca- non ten apenas peso real máis aló do papel, achegámonos ao deseño territorial destes países. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 309 de Sermos Galiza.
As Juntas de Freguesía son, de acordo coa constitución da República de Portugal, o escalón da organización do Estado máis próximo á veciñanza. Os seus vogais son eleitos pola Assemblea de Freguesía, órgano elixido por sufraxio universal directo da cidadanía censada. Pódese dicir que son a representación civil das antigas parroquias e a lei encoméndalles un xeneroso abano de atribucións e competencias, nomeadamente no eido social.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 309 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]