Podemos, Anova e EU rexistran a coligazón
Podemos ocupará un lugar destacado na papeleta de En Marea
07 de novembro de 2015 (15:24 h.)
Cando estaba a piques de se fechar o prazo para as coligazóns electorais, Podemos, Anova e a Esquerda Unidade presentaron a documentación para concorreren ás eleccións do 20 de decembro co nome En Marea.
En Marea é o nome co que se rexistraron como coligazón Podemos, Anova e EU, formacións que asinaran o preacordo de Mazarelos. Segundo informa Europa Press, Podemos ocupará un lugar destacado na papeleta, na que tamén figurarán os nomes En Marea, Anova e EU.
Segundo Europa Press até esta sexta feira (6 de novembro) barallouse a posibilidade de que Pablo Iglesias figurase explícitamente como candidato á Presidencia da coligazón, aínda que polo de agora o acordo político non se asinou.