NON PARTICIPOU O SECTOR CRÍTICO

O 25% das persoas inscritas escolleron as candidaturas de En Marea

Ana Seixas e Luís Villares

En Marea vén de informar dos dados de participación no proceso de primarias para a configuración das candidaturas das eleccións xerais e das europeas. Participou o 25% das persoas inscritas, 1.100 persoas, segundo o Comité Electoral. No proceso non tomou parte o sector crítico. No interior, as candidaturas completas nas primarias de En Marea para Congreso, Senado e Europeas. 

Finalizou o proceso de eleccións primarias para elixir as candidaturas que representarán En Marea nas eleccións xerais do 28 de abril e nas eleccións europeas do 26 de maio. Un proceso mermado desde o momento en que o sector crítico coa cúpula non participou del, quedando pois limitado aos sectores partidarios da actual dirección.

 

Segundo informa En Marea nun comunicado de imprensa, tomou parte das primarias o 25% das persoas inscritas, unhas 1.100. O proceso foi auditado polo Colexio de Enxeñeiros Informáticos, informa a dirección.

 

Nos últimos días sucedéronse as chamadas de representantes dos tres partidos que se presentaron en coalición ás eleccións xerais de xuño de 2016 baixo a marca En Marea para crear unha fronte que integre o partido dirixido por Luís Villares, Podemos, Esquerda Unida e Anova. O pasado domingo, Yolanda Díaz (EU) instaba Villares a explicitar, "claramente", se quería "unidade popular con nós ou non". Miguel Anxo Fernán Vello (Anova) e Antón Gómez-Reino (Podemos) pronunciábanse na mesma liña o pasado sábado xunto a Díaz.

 

As persoas participantes decidiron a orde de nove listaxes que concorrerán aos comicios xerais e aos europeos. Estas son as candidaturas:

 

Eleccións europeas

Cabeza de lista: Lídia Senra Rodríguez (904 votos)
Candidatura (980 votos)

Sandra Pesqueira Pérez

Xoán Hermida González

Davide Rodríguez Estévez

Celsa González Ogando

Olga Otero Gómez

Orlando Gregorio Álvarez Álvarez

María José Conde Seguín

José Manuel García González

Xabier Janeiro Cortés

 

Eleccións Xerais

A Coruña (Congreso) (380 votos)

Ana Seijas Baranauskas

Francisco Casal Vidal

Alba Nogueira López

María Chao Martínez

Adrián Dios Vicente

Carlos Neira Suárez

Carmen Fernández Ríos

Daniel Oca González

 

A Coruña (Senado) (340 votos)

María Dolores Candedo Gunturiz

Xosé Manuel Pérez Sardiña

Eva López Soto

Pablo Meira Cartea

 

Lugo (Congreso) (206 votos)

María Cristina Pérez Herraiz

Javier Arca Uria

María Teresa Burgo García

Iván López López

 

Lugo (Senado) (201 votos)

María Victoria Esteban Riesco

Manuel Germade Mayo

María Emma Rodríguez Blanco

Jose Carlos Baliñas Pérez

 

Ourense (Congreso) (156 votos)

Iván Olmos Ferreiro

Iolanda Pérez Docampo

Sonia Couso Fernández

Jorge Vázquez Rodríguez

 

Ourense (Senado) (140 votos)

Millán Brea Castro

Ana García Earley

María Isabel Fernández Suevos

Jorge Lorenzo Vila

 

Pontevedra (Congreso) (340 votos)

Iris Malvido Lago

Manuel González Moreira

María del Carmen (Peque) González

María del Mar Blanco Casais

Gaspar Antonio González Somoza

María Teresa Pérez González

Eladio Juan Torres Castro

 

Pontevedra (Senado) (300 votos)

María del Carmen (Mari) Camiña Vázquez

Xulio Villanueva González

Silvia Díaz Iglesias

Xoan Lois Vila Pinel