Pablo Iglesias reúnese con Anova e Esquerda Unida

Pablo Iglesias e Xosé Manuel Beiras

O secretario xeral de Podemos inicia esta segunda feira unha rolda de contactos coas súas alianzas para coordenar estratexias. Barcelona en Comú ou Compromís tamén estarán na axenda de xuntanzas de Iglesias.

Pablo Iglesias inicia esta segunda feira, 4 de xaneiro, os contactos coas alianzas territoriais que estableceu o seu partido para as eleccións do 20-D, tal e como informan axencias de noticias como EP. A finalidade destas xuntanzas é coordenar estratexias e analizar resultados. Iglesias reunirase con representantes de Anova, Esquerda Unida, Barcelona En Comú, Compromís, Equo, Esquerra Unida i Alternativa e Iniciativa per Catalunya, así como cos deputados electos de Podemos.

Após estas xuntanzas, o secretario xeral de Podemos explicará ante os medios de comunicación os resultados destas reunións e as deliberacións e acordos nas mesmas, segundo indica Podemos.