O Parlamento da Galiza cara a igualdade real

Pleno do Parlamento da Galiza

@s deputad@s con responsabilidades familiares poderán exercer as súas obrigas parlamentares. O debate está na modalidade adoptada para tal fin. 

Actualmente a Cámara componse maioritariamente por mulleres e nesta lexislatura, foron xa tres as deputadas que viron minguado o exercicio das súas funcións após a súa maternidade. 

Neste senso, o grupo parlamentar popular, propuxo esta terza a introdución dunha modificación no Regulamento, á fin de "protexer a maternidade e eliminar a discriminación de xénero", que segundo @s populares, afecta á participación das mulleres grávidas ou de baixa por maternidade.

Segundo a voceira do PP, a imposibilidade de que @s deputad@s poidan delegar o voto -recollida no artigo 84 do Regulamento, supón unha discriminación no exercicio das obrigas parlamentares. A proposta achegada polo Partido Popular, pasa pola incorporación do voto delegado como medida para paliar esta desigualdade, inda que instan ás demais forzas políticas a acadar un consenso na materia e achegaren as súas propostas a respecto da modalidade final coa que permitir a participación das deputadas.

O Bloque Nacionalista Galego, a través da súa voceira Tareixa Paz, achegou ao plenario o voto a favor d@s nacionalistas, non sen amosar a súa discrepancia a respecto dunha reforma que, entenden, debería ser de carácter estrutural e non puntual. Segundo Paz, hai que "mellorar o funcionamento do Parlamento" e democratizar a institución co obxectivo de que todos os grupos políticos sexan tratados por igual.

Non obstante, o BNG, criticou a defensa do dereito á maternidade como leitmotiv da proposta, aseverando que iso perpetra a desigualdade entre homes e mulleres, ao asignar unicamente a elas a función de coidadoras d@s fill@s. Neste senso, @s nacionalistas apuntaron que a reforma debe pular por unha igualdade real entre @s deputad@s e, por ende, debe garantir por igual o respecto á paternidade e maternidade, tal e como xa se recolle noutros Parlamentos nacionais coma o de Euskal Herria.

Así mesmo, o grupo parlamentar do BNG apostou -non pola delegación do voto, senón por un sistema de votación telemático que garanta o pleno exercicio das obrigas parlamentares -para alén da mera emisión do voto.

Pola súa banda, @s deputad@s do PSdeG-PSOE tildaron a proposta de "arcaica, insolidaria e discriminatoria" ao entenderen que o votó é "indelegábel e  intransferíbel". Malia todo, na súa intervención, a voceira do grupo socialista, defendeu a corresponsabilidade nas funcións familiares e arengou á compatibilidade entre ambas as dúas tarefas, familiar e parlamentar. Na súa intervención Cajide, rexeitou a proposta do voto delegado e exixiu a retirada da mesma. 

Finalmente, a reforma -que deberá ser acordada nun relatorio posterior entre as tres forzas políticas, foi aprobada por 50 votos a favor e as abstencións d@s socialistas.

O Valedor do Pobo a debate

A sesión parlamentar debateu a proposta de modificación achegada polo Partido Popular, a respecto da estrutura institucional do Valedor do Pobo. Puy Fraga,
voceiro d@s populares, baseou a proposta no plan de auteridade do goberno e na necesidade de axilizar e efectivizar as funcións da institución.

Na quenda de intervención dos grupos da oposición, o nacionalista Suárez Canal, criticou a forma na que o PP achegou a iniciativa ao rachar coas"regras de xogo" tradicionalmente empregadas pola Cámara. Neste senso, Suárez Canal aseverou ao PP que deberan ter debatido unha proposición de lei conxunta e "non só dun grupo" polo que pediu a retirada da proposta.

Así mesmo, lembrou que a lei determina a renovación do cargo de Valedor nun prazo "non superior a un mes" malia que "seguimos a sía de hoxe sen renovalo". @s nacionalistas criticaron o uso da crise económica como escusa para mudar a institución nun exercicio de degradación das funcións da mesma e da súa gobernamentalización; "unha institución que aforre moito e non sexa eficiente non serve" setenciou Suárez Canal.

Pola súa banda, @s socialistas consideraron a proposta "unha reforma de cara á galería" e exixiron melloras e máis transparencia na institución.

A proposta dos populares saiu adiante cos votos favorábeis unicamente do partido maioritario e a abstencións de PSdeG e BNG.