Mulleres independentes, no primeiro tramo da lista do BNG-Asembleas Abertas en Ferrol
Eva Espiñeira e María Pilar Pazos son as dúas mulleres independentes, non militantes do BNG, que integran o primeiro tramo da candidatura Bloque-Asembleas Abertas encabezada por Iván Rivas para Ferrol.
Despois dun proceso de participación social, tres mulleres independentes integran o primeiro tramo da candidatura do BNG-Asembleas Abertas para Ferrol, unha lista que encabeza Iván Rivas seguido de Eva Espiñeira González, Xulio Rodríguez Díaz, María Pilar Pazos Casal e Bárbara Lamas Rei.
O voceiro nacional do BNG presentou esta quinta feira o primeiro tramo da candidatura de Ferrol como unha aposta “nova e ilusionada” para unha cidade que padece unha situación crítica “por anos de maltrato das políticas do Goberno central”.
"Supón, segundo Vence, unha “gran renovación” contra as “políticas regresivas e neoliberais do PP”.
“Abrimos á cidadanía a través das asembleas abertas", dixo Vence, o que conduciu á presentación agora dun primeiro tramo da candidatura con "persoas que proceden da base social nacionalista e de esquerdas, que non teñen carné do BNG pero que ven nesta forza política a alternativa para empezar a transformar este país desde os concellos”. Supón, segundo destacou, unha “gran renovación” contra as “políticas regresivas e neoliberais do PP”.
Claves para o nacionalismo
Xavier Vence incidiu na confianza de que as eleccións municipais do vindeiro maio sexan clave para o nacionalismo, “porque se necesita como auga de maio para sacar adiante unha cidade desmantelada polo maltrato das políticas do PP”.
O xa candidato á alcaldía de Ferrol, Iván Rivas, destacou a necesidade dun cambio de rumbo para recuperar o futuro dunha cidade en crise na que se desmantelou o seu principal sector produtivo. Defendeu así a urxencia de “recuperar a autoestima da
A candidata independente Eva Espiñeira definiu o proceso aberto e colectivo de asembleas abertas como “unha forma diferente de participación política na que todos e todas podemos colaborar e facer as propostas sobre o modelo de cidade que queremos”. Espiñeira afirmou tamén que o primeiro tramo da candidatura presentada reflicte “a sociedade ferrolá e a pluralidade que persegue o Bloque”. O número dous, Xulio Rodríguez, afondou tamén noutras liñas de traballo da candidatura dirixidas aos barrios, á defensa do comercio local ou a loita contra a emigración.
Fe de Grallas: Na versión orixinal desta información afirmabamos que Bárbara Lamas integraba a candidatura como independente, cando en realidade Lamas si é militante do BNG, en concreto de Galiza Nova.