Miles marchan xa na manifestación do BNG
25 de xullo de 2018 (14:31 h.)
A mobilización por excelencia do Día a Patria Galega deslízase xa polas rúas de Compostela, protagonizada por miles de persoas.
Na cabeceira, unha faixa. "Unha idea clara, sumar por Galiza". A idea forza do BNG este 25 de xullo. Terman dela a portavoz nacional, Ana Pontón, e integrantes da Executiva Nacional e o grupo parlamentar.
Hai bandeiras a eito, o acompañamento musical de rigor (gaitas e tambor) e os cánticos tradicionais de todo Día da Patria que se precie, "galegos somos/galegos seremos/por españois nunca pasaremos" e "quer queiran quer non, Galiza é unha nación", "Galiza ceibe, poder popular", "nas aulas da Galiza, en galego".