Medios públicos, a eterna materia pendente
Seis anos despois, a lei dos medios públicos está sen desenvolver nos aspectos que farían aumentar a pluralidade e a profesionalidade. Escribimos ao redor da CRTVG no Sermos Galiza 280. Eis un extracto.
A pasada semana quedaba visto para sentenza o xuízo dunha traballadora contra o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, por “vulneración de dereitos fundamentais”. Na comisión parlamentaria de control da compañía, este criticara con dureza, bordeando o menosprezo, a xornalista, quen pedira o amparo do comité de empresa despois de que os seus superiores censuraran en directo parte dunha información radiofónica crítica co PP. Ao fondo do conflito, a parálise no desenvolvemento da lei de 2011.
“Ante as denuncias de traballadores por manipulación, elaboramos un protocolo de amparo. Todo para suplir a ausencia do consello de informativos que recolle a lei”, sinala Raimundo Méndez, de UXT, presidente de quenda do comité intercentros. Refírese a unha das principais reclamacións das traballadoras e traballadores a respecto da norma aprobada e aínda en cirolas: o cumprimento do seu artigo 36, para o que chegaron mesmo a recoller sinaturas entre os empregados.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 280, á venda na loxa e nos quiosques]