En Marea mantén “a man tendida” ao PSOE para negociar após unha investidura que augura “fallida”

Alexandra Fernández con Felipe VI na rolda de consultas

Alexandra Fernández criticou, durante unha entrevista na Cadena Ser, o acordo dos socialistas con Cs, que a leva a dubidar de que queiran un cambio político tamén na Galiza.

En Marea mantén a “man tendida” ao PSOE para “seguir falando” após a sesión de investidura desta terza feira, unha investidura que anuncia que vai ser “fallida”. Así o expresou a portavoz no Congreso da coligazón, Alexandra Fernández, durante unha entrevis na Cadena Ser. O apoio aos socialistas pasa, dixo, por un cambio de rumo a respeito da actual estratexia de Ferraz. O acordo con Ciudadanos “semella un espectáculo do PSOE para tratar de se salvar a si propio”, afirmou Fernández.

A portavoz de En Marea mesmo dubidou que os socialistas queiran un cambio político en Galiza após pactar cunha formación, a liderada por Albert Rivera, que concorreu en Galiza a estas xerais sen un programa propio esen propostas para os galegos. Asegurou Fernández, a respeito das autonómicas, que En Marea mantén a porta aberta ao BNG para construír un espazo político que favoreza o cambio.

Negociacións

Fernández explicou que En Marea, dentro de grupo confederal de Podemos, considera prioritarias tres escalas de negociación co PSOE para o goberno do cambio: un programa global de cambio, compromisos concretos para Galiza e un gobierno plural que garanta que os acordos non fiquen en papel mollado.