Reivindicación en Madrid
Jorquera pide explicacións polo desastre das Fragas
26 de abril de 2012 (02:07 h.)
O deputado nacionalista negou que a desfeita medioambiental fose un simple accidente, como dixo a Xunta.
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, demandou esta mañá ao Ministro de Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, “respostas concretas” á colaboración do Goberno central na recuperación das Fragas do Eume, máis o Ministro non puxo cifras concretas sobre a mesa.
Jorquera dirixiuse ao Ministro de Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, na sesión de control para preguntarlle cal vai ser a colaboración do Goberno central na recuperación das Fragas do Eume. Unha pregunta que ía dirixida a Soraya Sáenz de Santamaría e así constaba na orde do día do Pleno até que onte pola tarde o Goberno cambiou o destinatario da pregunta do BNG.