Inspector xefe da UDEF: o PP responde "ao perfil dunha organización delictiva"

Manuel Morocho, na súa comparecencia

Na súa comparecencia no Congreso desta terza feira, o inspector xefe da Unidade de Delitos Económicos e Financeiros (UDEF), Manuel Morocho, dixo que existen indicios de Mariano Rajoy e anteriores secretarios xerais teren recibido pagamentos da caixa B do PP.

Morocho compareceu na comisión parlamentar sobre o financiamento irregular do PP, que reataba as súas actividades após 4 meses de parálise.

 

Interpelado por Carolina Bescansa (Unidos Podemos), dixo que "indiciariamente" Mariano Rajoy e anteriores secretarios xerais do PP receberon diñeiro negro das arcas do partido, produto da súa participación na trama Gürtel.

 

A perguntas de Óskar Matute (EH Bildu), o inspector xefe da Policía española declarou que, de acordo cos informes elaborados pola súa equipa, o asunto da Gürtel mostra que o PP "responde ao perfil dunha organización delictiva", embora, enfatizou, serán finalmente os xuíces os que "valoren e decidan" se esta avaliación corresponde á realidade.