28-M

Por Coruña comeza os seus actos de campaña no barrio dos Mariñeiros da man do seu candidato, José Manuel Sande

José Manuel Sande nun acto de campaña esta sexta feira (Foto: Captura).
Nas intervencións tamén se avanzou o compromiso de humanizar o propio parque onde se desenvolveu o mitin, a partir da instalación de espazos de sombra e equipamentos deportivos para a mocidade.

José Manuel Sande, candidato de Por Coruña, a coalición de unidade conformada por Podemos, EU, Alianza Verde e independentes, comezou esta sexta feira os actos de campaña coa participación no primeiro mitin no barrio dos Mariñeiros.

Sande apelou á mobilización cidadá o vindeiro día 28 para facer realidade o dereito á vivenda digna, con propostas programáticas como duplicar o parque de vivendas en 400 novos pisos de alugueiro taxado para a mocidade, familias e colectivos en situación de vulnerabilidade.

Intervencións

Nas intervencións tamén se avanzou o compromiso de humanizar o propio parque onde se desenvolveu o mitin, a partir da instalación de espazos de sombra e equipamentos deportivos para a mocidade.

“Non pode ser”, lembrouse, “que as nenas e nenos esteann á solaina de maniera permanente, co risco para a súa saúde que isto supón”.

“Unha cidade que coida a súa xente”

O barrio ten que ser tido en conta, sinalou Sande, e por iso “Por Coruña comprométese cunha cidade que coide das súas xentes, sen importar o número do Código Postal”.

O acto transcorreu na praza infantil dos Mariñeiros e participaron tamén Isabel Faraldo, Carmen Armada e Aitor Neira, números 2, 3 e 4 da candidatura respectivamente.