Foro de Salzsburgo sinala Lores como unha das “10 persoas que fan un mundo mellor”
O alcalde de Pontevedra impulsou unha mudanza radical da cidade na que devolveu “a cidade ás persoas”, destaca.
O Seminario Global de Salzsburgo é unha pretixiosa organización sen ánimo de lucro que leva décadas organizando encontros e xornadas internacionais nos que se tratan diversas cuestións, desde economía a cultura, pasando por dereitos sociais, medio ambiente ou xeopolítica. Desde a súa posta en andamento en 1947 acolleu máis de 500 seminarios, nos que tomaron parte por volta de 30.000 participantes de 169 estados diferentes.
O rexedor pontevedrés participou na edición de 2018 deste Foro, que nesa edición debruzouse sobre a emerxencia climática e o papel a xogar polas cidades. Segundo recolle Clemens, Fernández Lores transformou Pontevedra, que nos seus mandatos pasou de ser un “almacén de coches” a un “paraíso pedestre”. Destaca o Foro os recoñecementos logrados estes anos por Pontevedra coas súas políticas e salienta que se reducise en 66% as emisións de CO2.