Formoso reivindica o PSdeG como "alternativa aberta e inclusiva"
Valentín González Formoso, secretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG), reivindicou o seu partido como unha "alternativa aberta e inclusiva" na súa felicitación das políticas públicas para encarar "calquera desafío".
Nun vídeo no que fai balance de ano, Formoso puxo en valor o "proxecto centrado na igualdade, na sanidade e na industria que crea emprego e innovación" que, segundo el, ofrecen os socialistas galegos.
O secretario xeral do PSdeG puxo o acento na "igualdade e na defensa do sistema sanitario", ademais de apostar polo "desenvolvemento industrial e o emprego de calidade". Así, subliñou o "valor do público" e a necesidade de ofrecer unha resposta "colectiva e solidaria" ao reto da pandemia primeiro e agora das consecuencias da "invasión de Ucrania por parte de Rusia", sinalou.
Formoso, emprazou a "arrimar o ombreiro e a desterrar comportamentos extremistas que ameazan o modelo de convivencia".
Valentín González Formoso animou a recibir 2023 "con confianza e con ilusión renovada", ademais de con empatía coas persoas porque, segundo o secretario xeral, "iso é o que fai máis forte a Galiza".