Os socialistas reivindicaron un sistema sanitario público

Formoso reivindica o PSdeG como "alternativa aberta e inclusiva"

Valentín González Formoso. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Valentín González Formoso. (Foto: Nós Diario)

Valentín González Formoso, secretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG), reivindicou o seu partido como unha "alternativa aberta e inclusiva" na súa felicitación das políticas públicas para encarar "calquera desafío". 

Nun vídeo no que fai balance de ano, Formoso puxo en valor o "proxecto centrado na igualdade, na sanidade e na industria que crea emprego e innovación" que, segundo el, ofrecen os socialistas galegos. 

O secretario xeral do PSdeG puxo o acento na "igualdade e na defensa do sistema sanitario", ademais de apostar polo "desenvolvemento industrial e o emprego de calidade". Así, subliñou o "valor do público" e a necesidade de ofrecer unha resposta "colectiva e solidaria" ao reto da pandemia primeiro e agora das consecuencias da "invasión de Ucrania por parte de Rusia", sinalou. 

Formoso, emprazou a "arrimar o ombreiro e a desterrar comportamentos extremistas que ameazan o modelo de convivencia".

Valentín González Formoso animou a recibir  2023 "con confianza e con ilusión renovada", ademais de con empatía coas persoas porque, segundo o secretario xeral, "iso é o que fai máis forte a Galiza". 

Comentarios