Formoso compara o "esperpento" de Xácome cos "Gobernos de Marbella de Jesús Gil"

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en Ourense. (Foto: Europa Press)
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, fixou como "meta clara" para os socialistas galegos nas próximas eleccións municipais de 2023 alcanzar a Alcaldía de Ourense para "volver recuperar a ilusión" que, asegurou, "perdeu nos últimos anos" a cidade con "o goberno máis esperpéntico da historia democrática municipal".