Feixóo a Villares: "A señora Pontón estaba moi necesitada e vostede aínda está máis"
06 de xuño de 2018 (13:52 h.)
A frase máis polémica desta sesión de control díxoa o presidente cando, en pleno debate con Villares, afirmou "a señora Pontón estaba moi necesitada e vostede aínda está máis". Unha frase coa que parecía que se quería referir que ambos portavoces facían a súa intervención buscando protagonismo mais que sonou na Cámara como sonou.
Feixóo retirouna de inmediato, consciente de cómo sonaba o que acababa de dicir. Finalizado o debate, Pontón pediu a palabra ao presidente da Cámara para lamentar o “machismo” que denotaba a expresión e a “catadura moral” de quen a dicía. O presidente do Parlamento, Santalices, dixo que o incidente estaba resolto porque Feixóo xa retirara esa frase.