Envía as túas preguntas para as candidatas do #SermosDebate
Podes facelo a través das nosas redes sociais –Twitter e Facebook– ou do correo electrónico redaccion@sermosgaliza.com.
Un debate con visión galega, plural e en chave feminina. Esa é a proposta que lanza Sermos Galiza para esta segunda feira, 7 de decembro. Un debate no que podes participar enviando as túas preguntas a través das redes sociais de Sermos Galiza (Twitter e Facebook) ou no correo electrónico (redaccion@sermosgaliza.com). E tamén seguilo minuto a minuto no hashtag #SermosDebate ou na retransmisión ao vivo na nosa web,
O debate empezará ás 12 horas e estará aberto ao público na Nave de Vidán (Av. da Mestra Victoria Míguez 44).
As candidatas propostas polas principais formacións políticas para participar no debate son Carme Adán (número 1 de Nós Candidatura Galega por Pontevedra); Yolanda Díaz (número 2 de En Marea pola Coruña); Pilar Cancela (número 1 do PSOE pola Coruña); Marta González (número 2 do PP pola Coruña) e Isabel Cendán (número 1 de Ciudadanos por Lugo). Estará moderado pola xornalista María Obelleiro.
Responderán ás preguntas das redes sociais e do público ao remate dos catro bloques temáticos que dividen o debate: economía e traballo, política internacional, dereitos sociais e liberdades públicas e Galiza ante o debate territorial.