ESTA SEGUNDA FEIRA, áS 12H

Envía as túas preguntas para as candidatas do #SermosDebate

Podes facelo a través das nosas redes sociais –Twitter e Facebook– ou do correo electrónico [email protected]

De esquerda a dereita, Marta González, Pilar Cancela, Carme Adán, Yolanda Díaz e Isabel Cendán
photo_camera De esquerda a dereita, Marta González, Pilar Cancela, Carme Adán, Yolanda Díaz e Isabel Cendán


Un debate con visión galega, plural e en chave feminina. Esa é a proposta que lanza Sermos Galiza para esta segunda feira, 7 de decembro. Un debate no que podes participar enviando as túas preguntas a través das redes sociais de Sermos Galiza (Twitter e Facebook) ou no correo electrónico ([email protected]). E tamén seguilo minuto a minuto no hashtag #SermosDebate ou na retransmisión ao vivo na nosa web

O debate empezará ás 12 horas e estará aberto ao público na Nave de Vidán (Av. da Mestra Victoria Míguez 44).

As candidatas propostas polas principais formacións políticas para participar no debate son Carme Adán (número 1 de Nós Candidatura Galega por Pontevedra); Yolanda Díaz (número 2 de En Marea pola Coruña); Pilar Cancela (número 1 do PSOE pola Coruña); Marta González (número 2 do PP pola Coruña) e Isabel Cendán (número 1 de Ciudadanos por Lugo). Estará moderado pola xornalista María Obelleiro. 

Responderán ás preguntas das redes sociais e do público ao remate dos catro bloques temáticos que dividen o debate: economía e traballo, política internacional, dereitos sociais e liberdades públicas e Galiza ante o debate territorial. 

Comentarios