Unha diana coa advertencia ‘Atenta’: Novas ameazas contra a candidata do BNG por Pontevedra

[Imaxe: SG] Novas pintadas contra Carme Dasilva

A pintada apareceu nunha parede moi perto do domicilio de Carme da Silva. O pasado 24 de marzo xa pintaran o apelido da candidata nacionalista cunha diana.

A candidata do BNG por Pontevedra, Carme da Silva, volve ser obxecto de ameazas. As paredes dun edificio perto da súa vivenda volveron aparecer cunha diana e a advertencia ‘Atenta’, a escasos metros de onde o pasado 24 de marzo pintaran o apelido da candidata nacionalista cunha diana.

 

A través das redes sociais, a portavoz nacional do BNG Ana Pontón afirmou que “A mafia da estrema dereita volve ameazar á nosa compañeira Carme da Silva” e advirte que “as súas ameazas fannos máis fortes e non lles temos medo. Non imos dar nin paso atrás na defensa de Galiza e dos nosos”.

 

Após as primeiras amenazas, o BNG pediu que se investigasen estes feitos.