Detido o ex ministro do PP Eduardo Zaplana por branquemento de capitais

Eduardo Zaplana nun mitin do PP en febreiro de 2008. Foto: cedida.

O ex ministro de Traballo do goberno de José María Aznar (PP) Eduardo Zaplana foi detido esta mañá acusado de branqueamento de capitais, prevaricación e malversación.
 

A operación diríxea o xulgado número 8 de Valencia e a Fiscalía Anticorrupción e excutárona axentes da Garda Civil, que rexistraron o seu domicilio en Valencia. Ademais de Zaplana, durante anos na cúpula do Partido Popular, houbo outros cinco arrestados e haberá máis rexistros.

 

O ex ministro é acusado de repatriar ao Estado español desde paraísos fiscais diñeiro negro presuntamente procedente de comisións obtidas por adxudicación de contratos irregulares. A causa denomínase Erial e non está relacionada con outras operacións sobre corrupción que afectan o PP de Valencia e, por extensión, o español.

 

Eduardo Zaplana (Cartagena, 1956) foi alcalde de Benidorm, presidente da Generalitat valenciana, ministro e portavoz no Goberno de Aznar e deputado da oposición e portavoz do PP no Congreso. En 2008 abandonou a política institucional.