Común da Esquerda pide ao PP “explicación” polo “sobrecusto de 438 millóns no AVE”
Luca Chao, unha das portavoces do Grupo Común da Esquerda, afirmou que ao seu grupo "lle avergoñaba" o informe do Tribunal de Contas que se fixo público a pasada semana e que apontaba a que Adif paralizara as obras do AVE galego en 2016 e 2017 de forma irregular “e mesmo, nalgúns casos, contrario á Lei”.
Segundo este informe, indicou Chao, tales decisións irregulares foron tomadas “de forma incoherente por falta de planificación e de coordinación entre as Administracións, e provocaron sobrecustos nas obras e reclamacións dos contratistas por valor de 438 millóns de euros”.
"Eses 438 millóns de euros son os que temos que pagar pola mala xestión que fixo o PP do AVE galego. Curiosamente, o Goberno galego non di nada, a pesar de que foi o PP, con Ana Pastor primeiro e Íñigo Gómez de la Senra despois como ministros de Fomento, o responsable dos retrasos e incumprimentos que provocaron estes sobrecustos", denunciou Luca Chao..
Outras demandas relacionadas coas infraestruturas ferroviarias que Luca Chao puxo riba da mesa foron a urxencia do compromiso cos trens de proximidade, "imprescindíbeis para a mobilidade sostíbel", ou a situación do proxecto de intermodal de Ourense.