Compromiso aposta por unha plataforma cidadá galega nas lexislativas

Consello Político Nacional (Foto: Compromiso por Galicia)

O Consello Político Nacional aprobou por maioría esta fórmula “para garantir que Galiza teña voz propia no novo escenario político que se abre no Estado”.


Compromiso por Galicia aposta por conformar unha plataforma cidadá galega de cara ás eleccións xerais “para propiciar un cambio político, institucional, económico e social e para garantir que Galicia teña voz propia no novo escenario político que se abre no Estado”. 

A resolución foi aprobada polo Consello Político Nacional co 62,5% dos votos favorables. 

A formación galeguista valorou como “aceptables” os resultados nos comicios municipais. Destacou que Compromiso pasou a ser a quinta forza política do país en número de concelleiros e concelleiras. Salientou a “maioría extraordinaria” en Vilar de Santos e a Alcaldía de Rafael Cuíña en Lalín.