Ciudadanos tenta sobrevivir á súa debacle na Galiza

Beatriz Pino (EP)

Beatriz Pino, nova portavoz da formación.

Nas eleccións estatais de 10 de decembro Ciudadanos obtivo na Galiza 120.000 votos menos dos que lograra seis meses antes, na cita de abril. Perdeu 60% dos apoios e os seus dous escanos galegos. Un golpe do que o da formación laranxa tenta saír, coa febleza aliás dunha escasa implantación territorial e unha fuga de militantes.

A Comisión Xestora Nacional de Ciudadanos (Cs) nomeou esta segunda feira Beatriz Pino como nova portavoz do Comité Autonómico da formación na Galiza.

Así o informou Ciudadanos nun comunicado, no que explica que a xestora da formación designou o resto de secretarios autonómicos da estrutura galega "para dar continuidade á xestión do partido".

Xunto á nova portavoz de Cs, a organigrama da formación na Galiza complétase coa incorporación de José Araujo, como secretario de Acción Institucional; Javier Alonso, como responsábel da Secretaría de Comunicación, e Miguel Pardo de Vera, á fronte da secretaría de Programas en Galicia.

Mentres, confirma Cs, Laureano Bermejo "continúa como máximo responsábel de organización da formación na Galiza" e María Vilas, á fronte da Secretaría de Relacións Institucionais.