Barómetro do CIS: Baixada de PSOE e PP, suba do BNG

Fileira para poder votar no colexio electoral (Imaxe: Carlos Castro / EP)

O Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas sitúa os socialistas como forza máis votada no Estado de haber agora eleccións.

O Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de novembro reflicte unha caída da estimación de voto do PSOE, que marca 27,6%.

Este é o segundo peor dato da lexislatura para os socialistas, mais seguen sendo a forza máis votada xa que o PP baixa aínda máis, 1,2 puntos nun mes, na primeira enquisa tras coñecerse a fenda aberta entre a dirección estatal e o PP de Madrid de Isabel Diaz  Ayuso.

Entre as opcións que tamén soben están  Vox e Unidas Podemos, con porcentaxes o 14,3% e do 13,6%, os seus mellores datos do  último ano.

Pola súa banda, o BNG sobe lixeiramente en estimación de voto con respecto ao barómetro de outubro. Así, pasa de 0,5% a  0,6% sobre votos válidos.

En concreto, o PSOE conta cunha estimación de voto da 27,6% fronte ao 20,9% do PP, o que permite aos socialistas ampliar a súa vantaxe até os 6,7 puntos.

Segundo o Barómetro, PNV obtería 1,5% dos votos e EH Bildu 1,15%. No soberanismo catalán, ERC obtería 2, 6%, a CUP 1% e JxCAT 2.19%.

Entre as opcións que tamén soben están  Vox e Unidas Podemos, con porcentaxes o 14,3% e do 13,6%, os seus mellores datos do  último ano. Cs volve caer. Obtería agora mesmo un 5,7% dos votos nas eleccións xerais, fronte a 6%do último barómetro e 6,8% do 10 N. 

Segundo o Barómetro, PNV obtería 1,5% dos votos e EH Bildu 1,15%. No soberanismo catalán, ERC obtería 2, 6%, a CUP 1% e JxCAT 2.19%.