Centos ateigan o local da Gentalha para receber o independentista Antom Santos
14 de maio de 2017 (15:04 h.)
Ficou pequeno o local social da Gentalha do Pichel para receber o independentista Antom Santos, após cumprir condena durante cinco anos en prisións do estado lonxe do país. Un acto moi emotivo, reencontro con compañeiros e compañeiras, e de afirmación dos direitos nacionais da Galiza.
Os cánticos independentistas mesturáronse cos vivas a Antom Santos no acto de recebemento do soberanista, quen cumpriu condena durante cinco anos por pertenza a organización armada (Resistencia Galega) e falsificación de documentación oficial.
Unha moi emotiva interpretación colectiva do Deus Fratesque Gallaecia puxo o ramo ao acto.