O BNG solicita axudas para reparar os danos provocados polas riadas

Luís Bará, terceiro pola dereita, visitou esta cuarta feira Mondariz-Balneario. (Foto: Nós Diario)
Bará salienta que "a Xunta non pode estar ausente".

O BNG reclamou ao Goberno da Galiza e do Estado axudas para reparar os danos causados polas recentes riadas. Neste dirección, esixe á Xunta da Galiza "empregar os fondos de continxencia dos orzamentos do 2023" para facer fronte á situación de emerxencia.

O portavoz de Infraestruturas do BNG, Luís Bará, visitou esta cuarta feira diversas localidades do Condado e Baixo Miño, comarcas que cualificou como a "zona 0 das inundacións".

Bará desprazouse a Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario, denunciando neste último municipio o impacto causado polas riadas no patrimonio  artístico.

O deputado nacionalista reclamou ao Executivo galego unha labor de "coordinación" co resto de administracións públicas e "que se poña en contacto cos concellos afectados, as deputacións e o Goberno do Estado".

O parlamentario do BNG denunciou que "a Xunta da Galiza non pode estar ausente nestas circunstancias" e adiantou a presentación dunha "serie de iniciativas para a reparación dos danos polos recentes asolagamentos".