BNG pide que se adíen as eleccións do 5-A

Ana Pontón. BNG. 30 de setembro de 2019

Ana Pontón: “Non se da as garantías necesarias para desenvolver con normalidade as elección”. Gonzalo Caballero avoga tamén polo "aprazamento das eleccións galegas dadas as recomendacións sanitarias".

O BNG aposta en adiar as eleccións do vindeiro 5 de abril. Así o vén de manifestar a súa portavoz nacional, Ana Pontón, que considera que “non se da as garantías necesarias para desenvolver con normalidade as eleccións”. É a primeira formación que se pronuncia neste sentido.

A líder nacionalista considera que “a alternativa máis prudente pasa por adiar as eleccións. Este aprazamento ten que ser consensuado e poñer unha data antes do verán. Isto trasladareino na reunión a segunda feira, día 16”. O adiamento das eleccións, apuntou, debería debería tomarse por "consenso" e que debería incluír unha data alternativa "antes do verán".

Así o manifestou nunha comparecencia ante os medios após a xuntanza da Executiva do BNG. "A prioridade ten que ser a loita contra o coronavirus. Constituímos un comité de seguimento diario desta crise. Toda a militancia e cargos estamos neste intre a disposición. É o momento de sumar para sacar adiante este país".

Pontón quixo nestes momentos trasladar o apoio da formación nacionaluista "ás traballadoras e traballadores da sanidade pública galega. Están facendo un traballo extraordinario. Esta crise ten que servir que a sanidade pública é un ben esencial da nosa sociedade".

"É o momento de sumar, de aportar entre todas e todos. A maior preocupación é a vida e a saúde de todos os galegos e galegas, mais tamén as repercusións económicas que esta crise poida ter". 

PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou á Xunta a instauración dun comité de seguimento que inclúa a todas as forzas, "a fin de ter información actualizada sobre a propagación do coronavirus e as medidas a tomar". Caballero reiterou a vontade de buscar vías legais que permitan "o aprazamento das eleccións galegas dadas as recomendacións sanitarias" e considerou necesario "acadar xa un consenso sobre a nova data".

Galicia en Común

A coalición Galicia en Común-Anova-Mareas sumouse ás peticións de suspensión das eleccións galegas debido á crise sanitaria pola expansión do coronavirus.

Nun comunicado, a candidatura de confluencia que encabeza Antón Gómez-Reino solicita que se paralice o proceso electoral "até o control absoluto da emerxencia sanitaria". Así mesmo, piden que o presidente da Xunta compareza ante a Deputación Permanente da Cámara galega para informar da situación e que consulte ao lexislativo os pasos a seguir.

Por último, reclaman que "todos" os recursos sanitarios privados pasen a estar a disposición do Goberno galego, como Administración con competencias sanitarias, de cara ao control da pandemia e a atención aos afectados.