O BNG reclama un investimento do 3% en innovación
Segundo o Bloque, é necesario facer dende Galiza “unha xestión integra de todos os fondos en I+D+i”, recibidos desde os ámbitos europeo e estatal. Así como acabar “coa precariedade laboral” no ámbito da investigación.
“Temos que apostar por fórmulas que nos permitan captar e reter talentos”, dixo Pontón, e nesa liña está a creación na Galiza dun centro para acoller investigadores e investigadoras en ámbitos estratéxicos. O Instituto de Innovación Galego é o nome que lle dá o Bloque a súa proposta.
Na xornada participaron, o colectivo de investigadores e investigadoras post ou doutorais de Galiza, María de La Fuente, investigadora do SERGAS; Cristina Álvarez, bióloga e xefa da Unidade de Microbioloxía no Intecmar; e Cesar Resch, investigador no ámbito do sector lácteo.
Financiamento
Por outra parte, ante o anuncio do goberno central para liberar unha parte da débeda de 700 millóns de euros que o Estado debe a Galiza, a portavoz nacional do BNG afirmou que único que demostra este anuncio é até que punto “as forzas estatais, tanto PSOE como PP, Ciudadanos e Podemos continúan instalados “na frivolidade”.
Pontón afirmou que o que está acontecendo evidencia que actual sistema de financiamento “non lle vai ben a Galiza. “As decisións sobre os nosos recursos”, explicou, “decídense en Madrid e se o Presidente da Xunta quixera cambiar as cousas o que tería que facer é defender que “a chave dos cartos dos galegos e galegas a tiveramos aquí”.
Villares ve "unha táctica preelectoral"
En Marea considera necesaria "unha reforma no mecanismo de financiamento autonómico para que non dependa da situación do goberno central".